Page 283 - Edición final para libro digital
P. 283
Ano 1.780: O Rei Carlos III, mediante documento asinado o 21 de
decembro, concede a Muros unha feira de gando.
Ano 1.784: Fúndase por decisión xudicial o barrio da A Xesta, onde
xa se atopaban a maioría das casas construídas fora da cerca.
Ribeira da Xesta a finais do século XIX. (Coleción “Foto Otero”)
Ano 1.805: Na maña do 4 de xuño, chega a Muros a escuadra ingle-
sa, a cuxo fronte estaba a nave capitá, O Loire, comandada por Sir Frede-
rick Lewis Maitland, e prodúcese o ataque a Vila e a toma do Castelo.
Ano 1.808: Rematase a reforma no convento de Louro comezada
no 1.806.
Ano 1.809: O 26 de marzo dese ano, un domingo de Ramos, ocorre
un dos mais importantes e peores acontecementos da nosa historia. A Vila
é saqueada e queimada polas tropas francesas.
282