Page 288 - Edición final para libro digital
P. 288

Ano 1.932: O 1 de xullo ondea por primeira vez nun buque español
          a bandeira galega en solitario. Este acontecemento tivo lugar no barco Joa-

          quín Pérez, con base neste porto. Esta nave formaba parte dun cruceiro de
          estudos no que participaban alumnos e profesores de diferentes institutos
          galegos que, partindo de Muros percorreron a costa galega até Vigo.

                 Ano 1.936: O 26 de xullo de madrugada, chegados desde Noia, A

          Serra e Lousame,  uns carabineiros republicanos que viñan escapando do
          exército nacional, fixéronse coas embarcacións Santa Rosa e Santa Eulalia,
          propiedade do industrial muradá Don Antonio Pérez, para fuxir cara a Fran-
          cia. Entre os fuxidos iñan tamén os muradáns, Xoán Malvárez; Xoán “Oiga”;
          Manuel “Cirolas” e Manuel “O Maranqueiro”, de Esteiro.


                 O venres 26 de agos-
          to, foi asasinado no lugar da
          Coviña,  no  Freixo,  Luis  Ba-
          rrena e Alonso de Ojeda, un

          deputado as cortes por Meli-
          lla  que  adoitaba  pasar  en
          Muros as vacacións

                 O veciño de Riomao,

          en San Xián de Torea, Pedro
          Priegue Priegue, foi detido o   Axuntamento novo en construción. (Coleción
          22  de  agosto  e  conducido               “Foto Otero”)
          cara a Santiago, pero asasinárono antes de chegar, na Costa de San Xusto.

                 O Día 1 de setembro foi asasinado en Louro o mestre de escola, na-

          tural de Santa Comba, José Álvarez López, sendo abandonado o seu corpo


                                                                          287
   283   284   285   286   287   288   289   290   291   292   293