Page 292 - Edición final para libro digital
P. 292
acompañada de escombros, troncos e demais obxectos recollidos na furiosa
baixada, bateron sen misericordia contra o edificio do muíño e a ponte, que
non soportaron o empuxe do torrente, quedando esta última totalmente
destruída e unha boa parte do edificio arrasada. Este acontecemento tivo
como consecuencia a incomunicación, case total, pola parte norte da Vila
durante una tempada, até que unha brigada militar, procedente de Zarago-
za, construíu una ponte provisional de ferro e madeira.
A ponte actual foi construída uns cantos meses despois do suceso,
pero moito mais debeu esperar a rehabilitación do edificio do Pozo do Ca-
chón; até que retomou a imaxe orixinal.
Ano 2.002: O 17 de novembro, despois de recitar o Ángelus, O Papa
Juan Pablo II envía un saúdo especial a Muros de San Pedro, no “Finisterre
de Galicia”.
O venres 29 de novembro as dúas da madrugada un raio destrúe
unha boa parte do campanario da Igrexa, outra chispa caia no reloxo da
Casa do concello causándolle serios danos.
O 13 de novembro o petroleiro “Prestige”, cargado con 76.972,95
toneladas de fuel, é seriamente danado por un temporal moi preto da costa
da morte. O barco foi afastado mar a dentro para evitar que puidera fundir-
se preto de terra, durante uns cantos días intentouse evitar una catástrofe
ecolóxica, pero o terrible temporal con fortes ventos e grandes ondas fixo,
finalmente que o barco se partise en dous cando estaba sendo remolcado,
provocando unha marea negra que alcanzou todo o litoral da costa oeste
de Galicia.
291