Page 297 - Edición final para libro digital
P. 297

imposible. O acceso a porto tíñase que facer sorteando pedras e bancos de
          area, que naquelas circunstancias resultaba todo unha temeridade. Entón o

          capitán mandou arriar o temoneiro collendo el a roda do temón e dirixíndo-
          se cara o porto, sorteando as pedras e os baixos o tempo que conseguía
          manter o buque que estaba a ser fortemente castigado polas ondas. Logo
          de unhas cantas horas de pelexar coas dificultades, conseguiu meterse no
          porto, onde fondeou o seu amparo. Durante horas unha multitude de xente

          foise concentrando no porto para seguir o desenlace daquel acontecemen-
          to que todos temían terminase en traxedia. Tan pronto a tripulación chegou
          a terra os paisanos alí congregados acolléronos entre felicitacións e pala-

          bras de animo. Moitos foron os veciños que lle preguntaron os mariñeiros
          cal era a súa procedencia, o cal todos eles responderon: “Somos todos ga-
          legos menos o capitán que é de Muros”. Aqueles mariñeiros estaban tan
          sorprendidos como os que lles esperaban no peirao, nunca habían coidado
          que puidesen conseguir chegar a terra, e quixeron diferenciar con aquelas

          frases a habilidade que o seu Patrón amosaba na navegación, poñendo a
          Muros como un exemplo de navegantes sumamente preparados e valentes.

                      A confianza levouna o Inglés



                 Este vello dito popular, moi utilizado no falar cotián do noso Conce-

          llo, fai referencia a un acontecemento, xa comentado nesta mesma obra,
          sobre unha incursión inglesa na nosa Ría ocorrida durante a guerra Franco-
          Española contra a coroa británica. A historia sucedeu cando unha fragata
          mercante  francesa,  chamada  “La  Confiance,  véndose  acosada  por  varios

          buques ingleses que facían un cruceiro polas nosa augas i encontrándose
          bloqueada para poder fuxir, arribou o noso porto quedando fondeada na
          baía coa intención de protexerse dos barcos ingleses. Co fin de facer mais
                                                                          296
   292   293   294   295   296   297   298   299   300   301   302