Page 296 - Edición final para libro digital
P. 296
Lendas da Vila
Todos somos galegos agás o capitán que é de
Muros
No século XV, a Vila de Muros tiña fama de contar con moi bos na-
vegantes. Eran os seus mariñeiros destros nas artes do mar e debido a súa
industria pesqueira viaxaban os barcos deste porto por toda Europa, razón
pola cal, tanto a Vila como os seus naturais eran moi coñecidos.
Naqueles tempos naceu o dito que tanta fama colleu e se foi propa-
gando o longo do tempo.
Facía un viaxe por Europa un Bergantín muradá, comerciando co
peixe manufacturado na Vila , sendo tódolos seus tripulantes galegos o
igual que o seu capitán, que era natural da Vila de Muros, durante a trave-
sía colleunos un forte temporal estando moi afastados xa da costa. Durante
uns días o bergantín soportou os envites das ondas que o sacudían con
fereza. Logo de sortear grandes perigos e coa nave media desarborada po-
los golpes de mar, topáronse moi preto das pedras nunha costa onde o mar
rompía con forza contra as rochas, as fortes correntes existentes naquelas
augas arrastraban o bergantín cara as pedras, tendo o capitán que facer uso
de toda a súa destreza para evitar "zozobrar". Logo de varias horas pele-
xando cos elementos, case sen velas, puideron manobrar dirixindo a nave
cara o exterior alcanzando novamente mar aberto. Unha vez en alta mar
conseguiron orientarse enfilando a proa cara o porto mais próximo. O acer-
carse o peirao atopáronse cun inesperado problema, a entrada naquel por-
to con un temporal de tales características entoxábase unha tarefa case
295