Page 291 - Edición final para libro digital
P. 291
Ano 1.994: unha gran tromba de auga que descargou na madruga-
da do 6 de novembro dese ano fixo desbordar os ríos de Valdexería, Serres,
O Furón e A Rateira (na Abelleira); causando importantes danos nas casas e
propiedades que se topaban preto do río. A forza das augas arrastrou collei-
tas enteiras, coches e animais, ademais de unha gran cantidade de maleza e
Pozo do Cachón. (FGoto José M. Bermúdez)
troncos acumulados no seu cause; os arcos da Ponte Nova fóronse atascan-
do co lixo que baixaba xunto coas augas, até formar un tapón que fixo que
aumentase o nivel das mesmas. O presión exercida por tal cantidade de
auga non puido ser soportado polo viaduto, que cedeu sendo arrastrado
cara o mar xunto con animais, enceres, e, incluso, coches i embarcacións
que baixaban mesturados coas augas do río. Aquela inmensa masa líquida
290