Page 1212 - JUNIO 2024
P. 1212

O meu AMOR POR TI                                                3


                  O meu amor non é só verche, non é só falarche, non é só entenderche, é máis que

                  sentirche.

                  O meu amor por ti nace da terra ao ceo, das estrelas ao universo e da miña alma
                  á túa,porque o meu amor por ti é máis belo que todo o belo que hai sobre a face

                  da terra.

                  O meu amor por ti non é unha fantasía, non é a palabra que leva o vento,

                  tampouco  é  o  desexo  sen  sentimento,  é  o  canto  da  miña  alma  que  quere
                  envolverche co seu amor.


                  O meu amor por ti é máis que amarche, é tan eterno que ha de chegar o día en
                  que os meus bicos atoparán os teus beizos e as miñas mans o teu corpo no centro
                  do confín do Universo.


                  O  meu amor  por  ti  é  quedarme na  túa  alma,  nos  teus  sentimentos,  no  teu
                  corazón, nos teus recordos e en cada un dos bicos que me dás, enchendo a miña

                  alma de felicidade infinita.

                  O  meu  amor  por  ti  é  pensarche,  é  sentirche  cada  segundo  da  miña  vida, é

                  espertarme coa alegría de poder verche, é desexar que o amor nos dure para
                  sempre e non nos separemos nunca.


                  O meu amor por ti é máis que amor, máis que palabras, máis que un destino
                  ou un desatino, é unha explosión da luz ao bordo do camiño, unha decisión de

                  ser ou de non ser.

                  O meu amor por ti son mil poemas que sen querelo escríboche, son bicos, son

                  suspiros,  son  abrazos,  son  delirios,  é  entrega,  son  orgasmos  deliciosos,
                  compartidos, permanentes, milagrosos, repetidos de felicidade.


                  É a maxia da túa voz, é o encanto das túas palabras, é a miña alegría, é a miña
                  poesía, é... o meu amor por ti.

                  A BENDICIÓN DO teu AMOR


                  Penso en ti e no amor que vive en min, soñando o teu sorriso e amando as túas
                  caricias, anxo que renaceu para min.
   1207   1208   1209   1210   1211   1212   1213   1214   1215   1216   1217