Page 1242 - JUNIO 2024
P. 1242
O meu único amor 3
Aquí estou de novo, escribindo as miñas letras de cada día.
Son para ti que es a miña dona, o meu amante, o meu amor.
Formas parte do meu aire e de todo o que leva ser o dono dos
teus pensamentos.
Abrázome ao teu recordo, a esa distancia na que estamos, máis
unha luz de esperanza chea neste tempo o meu corazón.
As miñas letras están en pleno cambio de estación, e as follas
dos meus libros están cheos de ti, do teu amor, de todo o teu.
Cada folla da miña vida encérrase nunha soa palabra, ti es o
amor da miña vida, ese amor afastado que fai que cada día che
dedique estas cartas que tantas esperas.
Non hai ninguén como ti, non hai outra forma de amar que non
sexa a que eu teño para ti. Poden as lúas pasar, e os soles do
noso universo apagar e acenderse... máis o noso amor non
cambia nunca, mantense intacto sen danarse.
O mesmo tempo fai reverencia ante a maxestosidade deste
amor que teño e gardo celosamente para ti.
A miña mesa de noite na que escribo as túas cartas, xa ten ese
aire doutro mundo, de onde pertencemos na nosa distancia.
É un mundo lonxe de todos, é alí onde nos amamos sen medos,
non hai reproches, só hai paz, porque este amor é así, tranquilo
e manso, vivímolo cada día, alimentámolo de esperanzas e de
fe que algún día todas estas letras podereinas ler na túa
presenza e moitos serán os bicos e abrazos que nos daremos,
eses que están gardados para aquel marabilloso día que nos