Page 1338 - JUNIO 2024
P. 1338
Teñen o teu sabor, ese que me deixas cando xa todos se han ir, cando só ti e eu
9
estamos aquí para lernos. Pero iso é por agora, haberá outro tempo no que
sentirei o teu aroma e fundirémonos na miña...
As miñas letras séguenche, eu sígoche, persígoche, búscoche... e atópoche: preto
ou lonxe, tarde ou cedo, hoxe ou mañá.
Porque non podo escapar de ti, es o que fai que cada mes sexa algo diferente, un
amor novo, un amor renovado porque sempre estouche amando, cada día máis,
cada día con amor renovado polos nosos encontros e esta unión tan bela que hai
entre nós dúas.
Está claro que este amor é un amor que sempre abundará no noso ser, é estraño,
pero sabes? Cando empezo a facer cartas para ti, non podo parar, é algo así
como unha adicción. Será que a nosa mente e os nosos corpos van cambiando?
Amor, non se que será, pero as miñas letras de maio teñen algo máxico, porque
me fan pensar nun mañá máis temperán.
Camiño e camiño, sempre co teu nome nas miñas cousas, e é que non quero que
che vaias nin por un instante, quero que me sintas, que saibas que ao meu lado
sempre camiñas ti, cada carreiro achégame máis a ti (soa raro estando tan
lonxe), para min é coma se estiveses aquí.
Toda esta historia de amor non cabe nas miñas mans, debo soltala e facela
chegar dalgunha maneira alí onde estas ti, porque non ten sentido escribir a un
destinatario anónimo.
Non amor, ti tes nome, tes o meu amor entre as túas mans, e gárdasme como se
garda un tesouro, seino polas túas palabras tan cheas de amor e fidelidade.
Sei que me cielas, como eu a ti. Sei que esperas con ansias as miñas cartas que
só son como un diario do amor do noso día a día... Es dona dos meus versos e
as miñas letras, por tanto, déixoche todos os meus bens que só son unha chea de
palabras, pero non é pouco, porque é nelas que gardo os meus máis belos tesouros
que un día poderei lerche.
E nese momento xa non haberá máis distancias, só seremos dous seres que se
amaron por Internet e un día chegaron a estar xuntos.
Ámoche... cada vez, cada segundo, cada suspiro... un pouco máis.