Page 276 - JUNIO 2024
P. 276

Amencerás coa miña voz nos teus oídos cada mañá, como amencen agora                         11

                  estas cartas que che escribo con moito amor e agarimo, porque só ti moves

                  os  meus  dedos  sobre  o  papel  para  inspirar  fermosas  frases  dun  amor

                  comprensivo e verdadeiro, amor teu e amor meu, amor noso, este amor que



                  floreceu na distancia ao refuxio da sinceridade máis pura.

                  Chegará  o  tempo  dos  dous,  está  a  chegar…  Unha  rúa  veranos  camiñar


                  xuntos, e logo outra rúa, daquela o sol e a lúa verannos camiñando xuntos.


                  Aínda sen poder verme se que me miras, sei que me estrañas como eu fágoo.

                  Sen escapar de ti estiven todo este tempo, pois do amor verdadeiro non se


                  escapa, un amor como o teu é e será sempre un tesouro.


                  Ámoche, seguireiche amando sempre, aínda que o mundo pareza virar en

                  contra… Aínda que iso si, creo poder ver que aos poucos, empeza a virar ao


                  noso favor…

                  Si,  niso  confío:  viraremos  un  día  ao  rozamento  dun  mesmo  vento,  dun

                  mesmo tempo.



                  O tempo fíxonos cómplices namorados, cómplices dun amor case secreto

                  porque é moi grande, máis grande do que podamos explicar, máis grande do

                  que  os  demais  poden  ver.  Os  nosos  camiños  entrelazáronse,  cada  día

                  volvemos  sentir  amor,  cada  noite  abrigámonos  os  mesmos  soños  en

                  diferente almofada… Si porque debes saber, así como eu seino desde moi



                  dentro.

                  Pénsoche  cando  me  pensas  porque  podo  sentir  o  teu  amor,  nunca

                  esquecerei  o  teu  primeiro,  o  teu  primeiro  “ámoche”,  nin  o  teu  primeiro

                  “estráñoche”.
   271   272   273   274   275   276   277   278   279   280   281