Page 274 - JUNIO 2024
P. 274
Es a miña amiga, non me fallarás, non me traizoarás e non me danarás. 9
Porque somos os mellores amigos do mundo, ti enténdesme e eu
enténdoche, somos dous nun, ou mellor somos dous que un? Porque se caio,
ti levántasme e se ti caes eu levántoche; pero ai daquel que estea só, pois
cando caer, non haberá segundo que o levante!
Tamén se dous durmiren xuntos, quentaranse mutuamente; máis, como se
quentará un só? Por isto quero estar toda a vida ao teu lado, para que esteas
comigo e eu contigo e sentir a túa calor e a túa respiración.
Es o meu amante, a miña froita de paixóns; é o meu desexo o facerche miña
a cada momento, é o meu desexo verche ao meu lado na noite, é o meu
desexo profundo acariñarche, e estar contigo gozando da túa presenza,
amante miña, na noite enteira.
Que a noite se faga longa, placida e eterna; que o tempo se deteña para
seguir gozando deste gran amor, e ao final quedarnos durmidos contentos
de que esteamos o un xunto ao outro.
A miña esposa, a miña amiga e o meu amante é a unión de dúas persoas que
se aman, é o compartir día a día de todas as cousas que nos sucede, é a
paixón de estar con e como unha soa persoa.
Ti es a alma que acompaña a miña alma, o sangue que acariña o meu sangue,
a miña compañeira, o meu soño feito realidade, a miña esposa…
ÁMOCHE.
A miña amiga… Es a miña compañeira, o meu amante e a miña paixón.
Ámoche o meu AMOR.
Ámoche tanto…