Page 411 - JUNIO 2024
P. 411

A necesidade de saber de ti, de como estás, dos teus                                        6
                  días, ou de contarche acerca das miñas noites sen ti,
                  fan  que  me  sente  no  meu  recuncho  para  regalarche

                  unhas letras...

                  Esas mesmas letras que sempre chegan cando máis se
                  necesitan, cando faltan as palabras.

                  Cando faltan as caricias están as cartas que voan ata
                  as túas mans para facernos sentir máis preto.

                  Escribíndoche  as  distancias  non  desbasten  tanto,

                  contigo sempre me atrevo a voar moi alto, contigo non
                  lle temo a nada e ninguén.

                  Dásme tanta dita e felicidade que non me cabe este
                  amor no peito.

                  A noite, sempre é propicia para escribir estas letras

                  e  botar  a  voar  a  imaxinación  de  como  sería  estar
                  contigo.

                  Polo menos sei que por agora podemos os dous observar
                  a mesma lúa, as mesmas estrelas... e iso faime moita
                  ilusión.


                  Amarche cada día e en cada momento é unha tarefa moi
                  fácil e non está limitada polo tempo.

                  O amor que che entrego é un amor que se dá libre como
                  o vento, non  ten necesidade de permisos  especiais,
                  só se dá e sente como algo lindo e bendicido.

                  Confésoche que moitas veces me pregunto se as letras

                  que  che  envío  puidesen  resultar  aburridas,  porque
                  parece que sempre son poucas e repetitivas.

                  Pero o amor, seica non é así?

                  Para min sempre é marabilloso e grato ler ou escoitar

                  as palabras que saen dos nosos beizos e corazóns.

                  "Ámoche", "estráñoche..."

                  Esas palabras xamais cansan, porque son nosas.
   406   407   408   409   410   411   412   413   414   415   416