Page 183 - MF1869 COMPLETO_Neat
P. 183
d) Actividades onde os educandos e
responsables utilicen e manexen medios
de transportes terrestres, aéreos ou
acuáticos.
e) Actividades que impliquen prácticas de
deslizamiento.
f) Actividades de baño fóra de espazos
públicos habilitados para o efecto, non
delimitados, insalubres, con correntes
ou profundidade superior a un metro ou
que puidesen resultar perigosos para os
educandos e actividades subacuáticas
con equipos de respiración autónoma.
g) Outros indicadores que poden dar
lugar a actividades perigosas para os
participantes.
Adopción de medidas preventivas
Unha vez determinado o nivel de risco
inicial da actividade, enumeraranse as
medidas preventivas para minimizar ou
eliminar o mesmo.
Establecemento do risco final.
Co resultado esperado da aplicación das
medidas preventivas aplicarase novamente
a correspondente táboa, que dará como
resultado un nivel de risco, denominado
nivel de risco final.
Cando o nivel de risco final resulte tolerable,
a actividade poderá ser realizada e executada
polos responsables correspondentes da
actividade de tempo libre, atendendo
as medidas preventivas establecidas
na avaliación de riscos e os requisitos
específicos que para o desenvolvemento
das devanditas actividades puidesen existir.
183