Page 2 - Proxecto Parque Carballiño II Bouzo
P. 2

OBXETIVOS : Prácticas de quietude, Silencio, observación consciente,
                                      Respiración - Pranayama con orixe no Ioga e uso fisioterapéutico.
                                      Poderíamos chamarlle á totalidade « exercicios de conciencia plena ».

            MOTIVO :


            Cada vez temos máis necesidade de desconectar do barullo mental que xenera a sociedade na que
            vivimos, copada por novas tecnoloxias e interrupcións contínuas.


            Non falamos só do rúido exterior mensurable, engadimos o ruído interno provocado por os
            centenares de estímulos dunha sociedade hiperconectada, con millares de imputs.


            Falamos dunha nova aprendizaxe que axuda a focalizar, recentrarse, desconectar e en definitiva a
            rendir mellor e manexar o estres e a ansiedade.

            As técnicas de manexo emocional e de reducción do estrés nos altos mandatarios son obxeto de
            estudo e vixilancia por parte dos servizos de intelixencia contrarios. Por algo será, unha función
            estratéxica de supervivencia.




            IMÁXEN : Os nosos avós sorprenderíanse enormemente vendo a xentes na cidade correndo e
            practicando « jogging », quedarían pampos vendo actividades frenéticas en ximnasios. Pensarian
            que os practicantes están tolos. A necesidade dos xinmasios xenerouna unha sociedade sedentaria e
            sobrealimentada, incomprensible para os devanceiros.
            A nosa sociedade xenera unha nova necesidade, novas hixienes, a de saber permanecer quietos e
            estar en SILENCIO, un auténtico luxo.
            Necesitamos lugares, similares a templos laicos, nos que practicar esa introspección en paz.
            As grandes empresas xa entenderon o desafío. Telefónica ten unha « neo-capela » para seus
            traballadores ; google empregou a un adalid da meditación ; o aeroporto de Amsterdam incorpora
            lugares para cultos diversos, e habitáculos para practicar o « mindfulness-meditación ».
            Se agora moitas empresas teñen un ximnasio, dentro de unhes anos, a meditación será parte da
            cultura das corporacións.





            RESUMO TEÓRICO : Nos anos 50 veñen a occidente varios maestros budistas
            ChögyamTrumgpa, Tibetano ; Deshimaru, Xaponés ;  Goënka, Birmano ; Tich Nath Hahn,
            Vietnamita. A finais dos 70, Jonh Kabat-Zinn, practicante de Ioga, meditación Zen, médico
            eminente Dr. en bioloxía molecular e profesor  no M.I.T., Massachusetts Institute of Technology
            ocúrreselle extraer a práctica meditativa do contexto relixioso e do oropel ritual dos budistas. Pásao
            a un contexto laico e chámalle « mindfulness », conciencia plena.


            Introduce, nos principios dos 80, a práctica dentro do mundo da medicina para acougar ás persoas
            que padecen cancro ou doenzas derivadas de trastornos emocionais, xunto con outros exercicios do
            contexto oriental.

            Máis tarde J.Kabat-Zinn convirte o seu « mindfulness » en protocolos terapeúticos como
            coadyuvante, sobre todo en personas con ansiedade e depresión recurrentes, bautizándoo como
            REBAP ( Reducción del Estrés Basado en la Atención Plena, MBSR en Inglés ). Evoluciona a
            TCBM, Técnica cognitiva basada en mindfulness.


            2
   1   2   3   4   5   6   7