Page 3 - Proxecto Parque Carballiño II Bouzo
P. 3

Francisco Varela, biólogo de orixe Chilena, investigador do CNRS , Centro Nacional de
            Investigacións Científicas de Francia en París, fundador do « Mind and life institute » ten a brillante
            idea de cruzar a « meditación » coas investigacións neurolóxicas, revolucionando o enfoque e os
            descubrimentos.
            Matthieu Ricard, eminente Dr. En bioloxía molecular, convertido a monxe Budista, préstase de
            voluntario para monitorizar o seu cerebro e comprobanse a influencia de varios tipos de meditación.
            Christophe André, Dr. En Psiquiatría, ex-director do Hospital Ste Anne é un dos pioneiros
            introductor en terapia das técnicas ás que tivo que denominar de « cultivo da atención » para
            desvinculalas do contexto oriental e evitar prexuizos, esto sucede en 2004. As técnicas de « atención
            plena-mindfulness demostraron a sua eficacia sobre todo en trastornos de tipo emocional :
            ansiedade, depresión, evitando recidivas son complementarias ós tratamentos de choque.


            A súa introducción no ensino motivou as mesmas reticencias. O uso dos términos para referirnos a
            unha mesma realidade é moi importante e sensible, sobre todo cando estamos innovando.



            Os resultados a día de hoxe, 2020, de máis de 500 estudos científicos, son contundentes :
            - Mellora a concentración e a focalización.
            - Evita recidivas en depresións.
            - Acouga a ansiedade.
            - Influe na epixenética, ata o punto de modificar a propensión herdable á ansiedade.
            - Protexe a telomerasa e retrasa o envellecemento.
            - Regulariza a presión arterial e outras funcións.
            - Conecta con núcleos fundamentais que permiten a homeóstasis do organismo e facilita procesos
            de autocuración.






            Fundamental é a práctica. E a constancia.
            Práctica, práctica, práctica…..os descubrimentos, coñocementos veñen despois...afloran sen
            chamalos. Algúns son inefables, simplemente hai que atopalos no camiño.





            No noso método propomos unha sesión de iniciación de hora e media, individual ou en grupo ; e
            despois prácticas personales privadas e colectivas.
























            3
   1   2   3   4   5   6   7   8