Page 2078 - JULIO
P. 2078

Desde o meu recuncho para ti.
                                                                                                              8
                  O meu único amor

                  Aquí estou de novo, escribindo as miñas letras de cada día.
                  Son  para  ti  que  es  a  miña  dona,  o  meu  amante,  o  meu  amor.
                  Formas parte do meu aire e de todo o que leva ser o dono dos
                  teus pensamentos.

                  Abrázome ao teu recordo, a esa distancia na que estamos, máis
                  unha luz de esperanza chea neste tempo o meu corazón.

                  As miñas letras están en pleno cambio de estación, e as follas
                  dos meus libros están cheos de ti, do teu amor, de todo o teu.
                  Cada folla da miña vida encérrase nunha soa palabra, ti es o
                  amor da miña vida, ese amor afastado que fai que cada día che
                  dedique estas cartas que tantas esperas.
                  Non hai ninguén como ti, non hai outra forma de amar que non
                  sexa a que eu teño para ti. Poden as lúas pasar, e os soles
                  do noso universo apagar e acenderse... máis o noso amor non
                  cambia nunca, mantense intacto sen danarse.

                  O mesmo tempo fai reverencia ante a maxestosidade deste amor
                  que teño e gardo celosamente para ti.

                  A miña mesa de noite na que escribo as túas cartas, xa ten
                  ese aire doutro mundo, de onde pertencemos na nosa distancia.
                  É un mundo lonxe de todos, é alí onde nos amamos sen medos,
                  non  hai  reproches,  só  hai  paz,  porque  este  amor  é  así,
                  tranquilo  e  manso,  vivímolo  cada  día,  alimentámolo  de
                  esperanzas e de fe que algún día todas estas letras podereinas
                  ler na túa presenza e moitos serán os bicos e abrazos que nos
                  daremos, eses que están gardados para aquel marabilloso día
                  que nos podamos reunir, cando o noso corazón latexe nun só
                  sentir,  cando  os  nosos  beizos  sexan  un,  e  os  nosos  corpos
                  fúndanse  nese  desexo  que  levamos  dentro  de  nós  e  podámolo
                  deixar escapar.

                  Non existe outro amor como ti, ninguén ciela como nós.

                  Superamos todas as distancias, porque ti es o amor en todo o
                  sentido da palabra.

                  Sempre  estarei  dentro  do  teu  corazón,  pois  día  tras  día
                  traballo para ese fin.

                  Nada pon freos aos meus soños, o meu amante e secreto amor,
                  desde que me deches o teu corazón sinto co dereito de chamarche
                  "miña", porque así o sinto.
   2073   2074   2075   2076   2077   2078   2079   2080   2081   2082   2083