Page 224 - Edición final para libro digital
P. 224

inicia a catro ou cinco rapaces na recollida do folclore.

                    Ás dez bañámonos todos na praia de Xixide, logo de media hora
          de ximnasia dirixida por Mariño. Volvemos a Muros ao mediodía.

                    Cun sol que mallaba, estamos esnaquizados e ninguén ten folgos

          para cociñar. Sae Xosé Martínez López buscar unha taberna onde nos pre-
          paren algo moi económico: non podemos facer moito gasto. E chega go-
          zoso,  triunfante,  cunha  gran  pota:  arroz,  po  de  chourizo,  arrecendo  de
          bacallau  e  esencia  de  pataca.  Xantamos  os  24  expedicionarios  por  seis
          pesetas. Tomen boa nota cociñeiras e administradores e saiban ata onde

          poden  estirarse  vinte  e catro  reais  (honradamente  debo  confesar  que  o
          pan é conta aparte).

                    Dedico a tarde a despachar o rol e a pasar as últimas revistas ao
          barco. Ás seis veñen a despedirnos o alcalde, o secretario do Concello, o
          simpatiquísimo xuíz Bartolomé Lojo, o secretario do Xulgado, moitos ami-

          gos e unha chea de xente. Izamos a bandeira de marcha. Media en  min
          unha cachoeira de emocións; treme nas miñas mans a carteira de mariñei-
          ro que me acaba de entregar o cabaleiroso e xentilísimo mariño D. Xosé

          Pereira. “Xa son mariñeiro, xa sei navegar”. Chega a bordo, para acompa-
          ñarnos ata Noia, meu gran amigo e antigo patrón Moncho Moxetas “des-
          culpa meu bo compañeiro que te chame polo alcume; ti podes chamarme
          como queiras; entre Nós, que somos xente de mar...”

                    Ás sete arriamos a bandeira de marcha, levamos áncoras e iza-

          mos a bandeira galega. A xente do peirao despídenos con emocionadas
          palabras; Nós, apertados na proa, cantamos o himno de Ultreia con bágo-
          as nos ollos, é un pracer infindo que nos chega á alma.



                                                                          223
   219   220   221   222   223   224   225   226   227   228   229