Page 226 - Edición final para libro digital
P. 226
A Guerra Civil
Como consecuencia da rápida caída de toda Galicia en mans do
bando nacional, A Coruña faríao o 21 de xullo e Vigo tan so 5 días despois, o
26, e non existindo apenas resistencia en Lugo e Ourense, Muros non sufriu
as consecuencias de enfrontamentos directos entre ambos bandos, si ben o
igual que nos demais pobos e cidades de España, houbo represalias políti-
cas, que se deron o amparo dunha situación de guerra e violencia, moitas
veces utilizada como instrumento para levar a cabo vinganzas persoais ou
mesmo asasinatos por odio ou antipatía. Foron moitos os que aproveitando
a sensación de impunidade que se vivía naquel tempo, deixaron aflorar os
seus mais baixos instintos para axustizar, en nome dunha ideoloxía non
sempre coincidente coa realidade persoal, a aqueles que de unha ou outra
maneira consideraban un obstáculo para os seus intereses. Muros non esti-
vo ao marxe deses axustes de contas nin das mortes cometidas por motivos
de vinganza ou afiliación política. Varios foron os desaparecidos ou asasina-
dos por grupos organizados en nome do bando dominante na rexión. Sen
embargo a maioría dos condenados por rebeldía, sufriron castigos de pri-
sión, sendo moitos deles indultados ao finalizar a contenda. Tan so aqueles
cuxa participación na resistencia foi realmente activa, ou supoñían un peri-
go para a seguridade do réxime, foron condenados a penas superiores,
chegando, nalgúns casos a cadea perpetua e moi excepcionalmente se deu
algunha condena a morte, que foi finalmente conmutada. As persoas natu-
rais do Concello das cales atopei información, procesados ou condenados
por estaren en contra do levantamento, noméanse nas páxinas seguintes.
Moitos deles estaban vivindo fora do Concello ou atopábanse embarcados
cando ocorreron os feitos, razón pola cal a guerra os sorprendeu en zonas
225