Page 225 - Edición final para libro digital
P. 225

Ata despois de saírmos da dársena do Louro, navegamos coma
          por un lago de ilusión, logo....logo damos pinchos coma titiriteiros. Pero

          aquí  ninguén  se  marea,  ninguén  ten  medo.  Por  distraérmonos  (hai  que
          dicir así para disimular) emprendemos a grata faena de pelar patacas.

                    Pasamos a canle da Creba e embocamos na enseada do Freixo
          embruxados  pola  marabilla  dun  atardecer  imponderable.  Aquí  saltan  a
          terra  Parga  Pondal,  Encisa,  Mengoti  e  Veiras  que  non  tardan  en  volver

          cargados de leña e patacas.
                 Seguimos a Testal e aquí, ás dez da noite, varamos o barco para

          mañá poder lastrar máis comodamente.”





































                                                                          224
   220   221   222   223   224   225   226   227   228   229   230