Page 31 - Edición final para libro digital
P. 31
pos prehistóricos, si ben non era coñecido co nome que se lle dou despois,
“Puebla de Muro”; do ano 830 son os primeiros datos nos que se cataloga-
ba a Muros como unha das Igrexas pertencentes ao Bispado de Iria-Flavia,
chamábase daquela “Bendemire”, e xa logo, a partires de 1.230, pasou ser
coñecido como “Villa de Muro”, tal como foi nomeado por Fernando IV no
privilexio de sesión a Igrexa do Apóstolo.
Dedúcese que o Muros primitivo ocupaba o mesmo lugar que
agora, pero moito mas reducido, probablemente na zona comprendida
entre o que é hoxe a casa do Concello, a Igrexa de Santa María do Campo e
a praia do Castelo. Esta situación favorecía, sen dúbida, a defensa da
poboación ante os ataques da piratería turca e árabe. Os habitantes
podíanse preparar para a defensa ou fuxir ao ser avisados por vixías que se
apostaban en torres existentes no monte da Atalaia i en rebordiño, desde
onde podían ver aos barcos que entraban pola baía.
A Vila de Muros, así como o Freixo e Noia, era visitada
periodicamente polos piratas debido ao movemento destes portos, os que
arribaban as naves con cargamentos para abastecer a cidade de Santiago;
eses piratas utilizaban como refuxio para descansaren e repararen as súas
naves, a enseada de Monte Louro, ocupando tamén a illa da Creba, desde
onde vixiaban toda a ría e as poboacións que se levantaban ao longo da
mesma. Os piratas usaban a protección que lles brindaba Monte Louro
para, desde alí, lanzar os seus ataques os pobos costeiros. De aí a
importancia que as torres de vixilancia tiñan para Muros e a súa comarca.
Esas continuas incursiós da piratería obrigaban os habitantes da
zona a abandonaren as súas casas desde a metade da primavera até ven
entrado o outono, escondendose durante todo este tempo nos montes
30