Page 30 - Edición final para libro digital
P. 30
Os tempos da piratería
Créese que tamén teñen arribado a Muros naves romanas que, co-
mo xa dixemos anteriormente, viñan a recoller o ouro que se extraía das
minas de Brandomil, en Mazaricos, desde onde tiñan construídos camiños
para o seu transporte. Ademais dos dolmens, castros e outros restos Celtas,
consérvanse aínda en certos lugares vestixios de vellas calzadas romanas
que comunicaban as poboacións mais importantes da costa galega.
Non hai dúbida de que Muros existía moito antes do século IX, épo-
Illa da Creba. Foto Marturia (Panoramio)
ca na que foron designadas por Tructino as Igrexas das súas proximidades.
Tanto Muros como algúns dos lugares da súa comarca, xa existían en tem-
29