Page 25 - Edición final para libro digital
P. 25
de Muros. Así o sinalan tamén outros xeógrafos como Sivelo, Grovonio,
Veréa, Abraham, Ortelio, etc.
A Serra de Outes era parte dese territorio e, polo tanto, a súa histo-
ria vai ligada o acontecido nos Concellos limítrofes, padecendo similares
vicisitudes e compartindo parte das súas épocas gloriosas.
Non foron as terras de Entins alleas as visitas comerciais fenicias ou
a ocupación dos romanos, que chegaron a zona no século I. Foi arredor do
século V, cando arribaron os pobos xermanos, probablemente Suevos, e
crearon a actual división parroquial do Concello. Non se librou tampouco
esta paraxe dos ataques cometidos polas hordas piratas, arabés ou turcas,
que periodicamente asolaban as poboacións existentes ao longo da costa
durante a idade media; pero o igual que no resto de Galicia, foi nos séculos
VI ou V antes de Cristo cando unha raza de bravos e nobres guerreiros os
que os Gregos chamaban “Gálatas”, ocupou primeiro España e logo Galicia,
onde permaneceron até seren sometidos polo exército de Roma, dirixidos
por Xulio Cesar no ano 51. Probas da estancia destes antepasados podémo-
las atopar en algúns lugares deste Concello; na parroquia de San Pedro de
Outes, a cal pertence a Vila capital, no lugar de Boel, foi achada unha má-
moa que puido conter unha cámara sepulcral, nela atopáronse dous pe-
quenos puñais, un de 190 X 50 mm, e de 17 X 60 mm o outro. Segundo se
cre, ambos se encontran agora no Museo do Seminario Pontificio de San-
tiago. Tamén foi achado no mesmo sitio, un túmulo con ósos humanos.
24