Page 24 - Edición final para libro digital
P. 24
A maior parte coñecida sobre a prehistoria de Outes vai unida a de
Muros, Carnota e Mazaricos, pois na antigüidade todas estas terras estaban
habitadas por tribos pertencentes a unha mesma rama, os Tamaricos, pobo
que ocupaba a parte comprendida entre o río Ulla e a desembocadura do
Tambre, dándoselle o nome de Supertamaricos a aqueles que habitaban a
parte superior da Ría até o Xallas, onde comezaba o territorio dos Nerios.
Segundo as investigacións mais modernas, baseándose en estudos
de antigos xeógrafos e escritores, así como nas interpretacións de varios
historiadores como Plinio, Mela, López Cuevillas ou Serpa Pinto, podemos
deducir que o antigo Portus Tamaricus sería o porto de Muros, mentres que
Ponte Do Ruso en Santo Ourente, (Fonte “Patrimonio Galego)
o Secundum Portus facía referencia ao Freixo, ambos na parte norte da ría
23