Page 23 - Edición final para libro digital
P. 23
dencia real, pois non tódolos estudos coinciden nos movementos migrato-
rios daqueles pobos, pero multitude de Dolmens, Castros e lugares de culto
existentes na rexión son probas palpables da cultura Celta no noso territo-
rio.
Concretamente, a nosa comarca é especialmente rica en monu-
mentos e achados arqueolóxicos; o monte Pindo, situado ao norte do Con-
cello de Carnota, é un dos maiores olimpos Celtas do noso país, de feito, en
investigacións levadas a cabo nese monte e as súas inmediacións, atopá-
ronse curiosas antigüidades de varias dominacións e, incluso, un medallón
romano.
Outes tamén formaba
parte do alfoz muradán e a súa
historia remóntase moito mais
atrás da época na que aparece
documentada a súa existencia.
Como xa expoño o principio desta
obra. Toda a rexión foi habitada
na prehistoria por diversos pobos,
principalmente os celtas. Algúns
tan so ocuparon estas terras tem-
poralmente ou por motivos co-
merciais, mentres outros estable-
ceron poboacións permanentes
que foron variando co percorrer
do tempo, segundo chegaban
Gliptoglifos de Carballa
outras civilizacións conquistadoras,
ou se iñan fundindo con outras culturas
22