Page 21 - Edición final para libro digital
P. 21
estanza na bisbarra, e mesmo a súa lingua que, con influencias celtas e de
outros pobos que tamén pasaron por aquí, sobre todo comerciando nos
Castro de Mallou (Foto José M. Bermúdez)
nosos portos, converteuse na semente do noso actual idioma. Varias son as
calzadas romanas que discorrían por Galicia enlazando os principais pobos
da costa co interior así como entre eles mesmos; as vías coñecidas como
“Per Loca marítima”, comunicaban as distintas poboacións costeiras, Muros
entre elas, mediante diversos ramais, unha destas vías partía desde A Coru-
ña unindo esta con Padrón, Pontevedra e outros pobos das rías baixas. É
moi probable que Muros fose un dos portos utilizados polos romanos para
cargaren o ouro que extraian das minas de Brandomil.
20