Page 19 - Edición final para libro digital
P. 19
humanos na prehistoria que ocuparon toda a comarca muradá. Os petrógli-
fos e castros descubertos en diferentes lugares, tanto de Muros como dos
A Cova da bruxa. (Fonte “Muros, conxunto arqueolóxico”)
Concellos veciños, converten esta zona de Galicia nunha moi importante
fonte de estudo. Concretamente en Muros, este tipo de arte rupestre, ató-
pase principalmente na zona que comprende a parte suroeste do Concello.
Podemos atopar interesantes exemplos na Cova da Bruxa (a uns seiscentos
metros do que se coñece como cova de gatos, na parroquia de Serres), na
Cruz da Pedra (preto o convento de Louro), A Boca dos Curros, a Laxe das
Rodas (preto de Louro, na ruta que vai a Taxes), As Laxiñas (no lugar de
Alivía), A pedra da Chula (En Eiroa, na parroquia de Torea), e moitos outros
lugares dispersos por todo o territorio muradán. Tamén no veciño Concello
de Carnota abundan este tipo de manifestacións dos primitivos habitantes
18