Page 16 - Edición final para libro digital
P. 16
Exposición
Expón Don Ramón de Artaza na súa obra, “HISTORIA DE MUROS Y
SU DISTRITO”, diversas conxecturas sobre a orixe da poboación muradá na
prehistoria. Despois de haber buscado información en diversas fontes, nada
novo atopei que poda rebater as teses de Don Ramón no referente os pri-
meiros habitantes da comarca, razón pola cal tentarei expoñer nesta obra
algunhas das súas teorías neste e noutros aspectos, todo elo reforzado con
investigacións propias e datos acadados en diversas fontes; si ben procura-
rei centrarme naquelo que mas interesante pode resultar aos lectores, re-
sumindo moito os documentos aportados nos arquivos para non saturar
con inútil retórica o ávido interese daqueles que decidan emprendera lectu-
ra deste tratado. Baixo o meu punto de vista, moita da información que
atopei encontrase cronoloxicamente desorganizada, razón pola cal, desde a
miña modesta opinión, pode resultar algo complexa para un lector que
pretenda ter un coñecemento concreto e definido sobre o tema. Concibín
esta obra, mais como un instrumento de consulta o alcance de calquera
interesado no noso pasado, que como unha exposición de datos dirixida a
satisfacer as dúbidas dos eruditos. Pretendo que a lectura deste libro se
faga fácil e amena o tempo que dea a coñecer a tódolos muradáns os suce-
sos mais importantes do noso pasado. Tentarei desenvolver este traballo
coa mais rigorosa obxectividade en atención os datos existentes, e as dedu-
cións lóxicas requiridas pola información incompleta, coa maior ecuanimi-
dade e dentro das limitacións que esta tarefa supón para un neófito na
materia, como é o meu caso.