Page 13 - Edición final para libro digital
P. 13

Este  insigne  personaxe,  poeta  i  escritor  muradán,  nacido  en  en
          1.930, é un gran estudoso da historia da  Vila  e dedicou parte da súa vida a

          recompilar anécdotas e a estudar o acontecido no noso Concello. Amante
          da nosa historia e do noso patrimonio, foi condecorado coa medalla da Vila
          o 28 de maio de 2.011 distinción coa que o concello lle quixo agradecer o
          seu traballo, sempre enfocado a promocionar a nosa cultura e o noso pa-
          trimonio.


                 Autor, entre outras, da obra Anaquiños da  Vila , unha obra onde re-
          lata a modo de contos, simpáticas anécdotas acontecidas no pobo e recor-
          dadas por el con unha lucidez e unha graza envexables. Este fillo de Muros,
          amante de cada un dos currunchos e pedras da nosa  Vila , e coñecido como
          un  dos  nosos  ilustres  contemporáneos;  sempre  disposto  a  colaborar  coa

          cultura  e  con  calquera  que  desexe  destacar  as  bondades  do  seu  querido
          Pobo, segue , a pesar da súa delicada saúde, traballando polo prestixio e o
          bo nome do noso concello.

                 En homenaxe a el,  a Don Ramón, a quen non tiven o gusto de co-
          ñecer  pero  si  teño  a  ocasión  de  admirar,  e  a  todos  cantos  confiaron  nas

          miñas capacidades e no meu esforzo,  asumo o honor  de plasmar nestas
          páxinas o mais representativo da historia do Concello de Muros, esperando
          estar a altura das expectativas e desenvolver con dignidade  está, para min,

          tan difícil tarefa.
   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18