Page 9 - Edición final para libro digital
P. 9
Aos tres anos, Xosé Manuel, emigrou cos seus pais e os seus irmáns
a Bos Aires (República Arxentina) e tiña quince cando volveu coa familia ao
seu Muros patrio. Moi cedo prendeu nel a epidemia salitrosa da que padece
a maioría dos muradáns que é a emigración, botando cinco anos en Suíza e
logo despois catro nos Estados Unidos de Norteamérica e percorreu tamén
outros países do planeta. Mais non sei se a morriña ou a soidade, tanto
monta - monta tanto, lograron que arribase ao seu porto de saída onde
fondeou e traballa, escribe e vive feliz coa súa familia.
Outra cousa das que máis me admira e agrada deste egrexio mura-
dán, é o seu desinteresado pero fervoroso apego á terra que o veu nacer,
pois tratándose dun traballador, casado, con familia, nos momentos de
lecer que é cando debía estar gozando na compaña dos seus dun ben mere-
cido descanso, dedícase en corpo e alma a tarefa de recompilar artigos,
coñecementos, datos, noticias e informacións aínda que teña que escudri-
ñar debaixo das pedras, pescudando acó, indagando aló, investigando acolá
polos lugares e aldeas recompilando datos sobre cruceiros, cabaceiras,
furgando en periódicos, fedellando en revistas, conversando con paisanos,
remexendo libros, consultando en bibliotecas e incluso en Simancas.
O meu deleite e o meu degoiro sería que tódalas casas de Muros ti-
vesen e gardasen, como alfaia, un exemplar de desta obra da autoría do
noso insigne compatriota Bermúdez Siaba, para discernir a fondo e poder
explicar ás novas xeracións a grandeza da fermosa haxiografía desta vetusta
bimilenaria vila e tamén a de algúns dos seus máis ilustres devanceiros.
Benia aos homes que, coma este noso ilustre muradán, dun xeito
totalmente desprendido, consagran o mellor tempo da súa vida en enalte-