Page 8 - Edición final para libro digital
P. 8
PRÓLOGO
Non é para min tarefa doada ter que facer, aquí e agora, o prólogo
limiar para este precioso libro da autoría do meu benquerido amigo e fillo
de amigos que é o noso veciño Xosé Manuel Bermúdez Siaba, nado á beira
do mar de Muros.
Ao principio, a verdade é que non me atrevía porque parecíame
moita cousa para min. Pero recapacitei considerando que por ser o primei-
ro prólogo que tería que escribir, antes nunca fixen ningún, tiña non só o
deber senón tamén a obriga de non negarme máxime sendo, como dixen
antes, para un amigo e fillo de amigos e veciños que fomos moitos anos, e
máis que nada por tratarse, mesmamente, dun colega muradán.
Cómpreme subliñar en primeiro termo, que esta obra do meu con-
veciño para min é unha xoia máis para engadir ás que outrora escribiran
sobre a nosa Moi Nobre, Moi Leal e moi Humanitaria Vila de Muros, Anto-
nio López Ferreiro, Ramón de Artaza e Malvárez, Atanasio López, Xosé
Campelo Fabeiro, Xosé García Oro, Frei Xoán Romero, Xosé María García
Rodríguez, Manuel Fabeiro Gómez, e a señora M.A. Novoa, entre outros.
É Xosé Manuel unha persoa moi sinxela, modesta, obreiro, traballa-
dor e carente de ambicións, pasando desapercibido entre os seus cidadáns;
pero que leva agochado no máis fondo do seu ser ese amor desmesurado a
prol da súa vila natal a que tanto ama e quer dar a coñecer a súa antiga e
belida historia ata hoxe.