Page 12 - Edición final para libro digital
P. 12

Introdución e agradecementos



                 Como referencia para o desenrolo deste traballo baseeime en datos
          acadados en diversos arquivos históricos i en obras  documentais escritas;
          principalmente no traballo  do historiador muradán Don Ramón de Artaza
          Malvárez, levado a cabo coa colaboración dos seus fillos, Ramón e Antonio,

          que foron no seu tempo cronistas oficiais dos concellos de Muros e Outes
          respectivamente.

                 Respecto a parte que se refire  a historia mais recente, fago unha
          exposición  de  datos  e  acontecementos  detallados  polos protagonistas  do
          momento ou as que se fai referencia en fontes informativas de de acceso

          público,  así como en memorias persoais e na reprodución de información
          transmitida de unhas xeracións a outras ao longo dos anos.

                 Antes de comezar coa narración da obra quero agradecer as perso-
          as que  me animaron a levar adiante esta idea;  a miña dona e os meus fillos
          polo seu apoio, aos meus irmáns pola súa excelente crítica, que me animou

          a facer público o traballo, e tamén os amigos que confiaron en todo mo-
          mento na miña capacidade para sacar adiante esta labor. Desexo igualmen-
          te amosar un especial agradecemento a Marcelino García Lariño, (Marcelo
          da  Rabela),  pola  súa  incondicional  achega  a  consecución  deste  proxecto,

          achega representada tanto no seu apoio moral, como na prestación de do-
          cumentación  e  datos  que  me  facilitou  desinteresadamente;  serviume,  ao
          igual que Don Ramón de Artaza, como inspiración  e fonte de información
          para afrontar este reto, ao mesmo tempo que contribuíu, co seu exemplo, a

          proporcionarme os ánimos necesarios para seguir adiante no meu propósi-
          to.
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17