Page 28 - Edición final para libro digital
P. 28

como proba diferentes representacións orixinarias da súa cultura, unha das
          mais importantes e coñecida destas é o Dolmen “Mina da Parxubeira”, na

          aldea de Corveira, (Parroquia de Eirón), a escasos metros da estrada que vai
          da  Coruña  a  Muros.  A  antigüidade  desta  anta  situada  na  zona  coñecida
          como Estivada Vella, remontase, segundo indican os arqueólogos, o IV ou III
          milenio  antes  de  Cristo.  Estando  integrada  na  necrópole  Sotorraño-
          Parxubeira-Portocoiro, de cámara poligonal, esta mámoa tiña un diámetro

          de entre 19 e 22 metros i estaba rodeada por un cerre de pedras. Conserva
          actualmente trece esteos, sete no corredor e seis na cámara. Existe unha
          lenda sobre estes restos que fala da existencia dun tesouro na mina e da

          prohibición de meterse nela por medo a toparse con mortos que alí puidera
          haber, razón pola cal so podería ser rodeada.

                 Este dolmen foi descuberto entre os anos 1.977 e 1.984 por Antón
          Rodríguez  Casal,  nunhas  escavacións  nas  que  tamén  atopou  arredor  do

          cúmulo e no seu interior, láminas de sílex, unha punta de frecha, catro este-
          las de granito, anacos de cerámica e uns ídolos de coios. Todos estes acha-
          dos atópanse no Museo Arqueolóxico da Coruña.























                                                                           27
   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33