Page 48 - Edición final para libro digital
P. 48
unha existencia anterior como poboado, tendo esta edificación valor do-
cumental.
O nomeamento como Vila levouse a cabo entre os anos 1.188 e
1.230 polo Rei Alfonso IX de León, xa que así o manifesta o documento no
que consta a doazón da
Vila de Muros á Igrexa do
Apóstolo feita polo Rei
Fernando IV o 8 de agosto
de 1.299, no cal di, “dá-
moslla con todo o seu
alfoz e con aqueles ter-
mos que lle dou o Rei Don
Alfonso cando a poboou”.
Coidamos, sen embargo,
mais acertado supoñer
que a repoboou, debido
sen dúbida os desastres
sufridos polos constantes
ataques da piratería almo-
rábide, (século XI, entre os
anos 1.043 e 1.148), que
Alfonso IX de león
foi a raza dominadora da
España árabe, e tiñan, como xa dixemos, asentamentos na illa da Creba i en
Monte Louro, para desde alí atacar as poboacións que se atopaban ao lon-
go da costa galega e portuguesa; tamén dos ataques turcos e normandos,
que reduciron a Vila a extremos de penuria.
47