Page 43 - Edición final para libro digital
P. 43
O territorio de Outes pasou a formar parte de Muros o mesmo
tempo que o fixeron Carnota e Mazaricos, mediante o “Fuero de Benaven-
te” en 1.286, cando Sancho IV outorgou a esta Vila o Real privilexio de for-
mar “Puebla”, adxudicándolle a xurisdición das terras comprendidas entre a
desembocadura do
Sar até a ponte de
Brandomil, e desde
esta até a desem-
bocadura do Xallas,
(Ver “Inicios da
Vila”, nesta mesma
obra).
Pasada xa a
idade media, cando
Rúa do Tines a mediados do século pasado. (Fonte “Concello
as terras muradás
de Outes, galería fotográfica”)
eran propiedade da
Igrexa de Compostela, no ano 1.750, os lugares que formaban o distrito de
Muros, estaban baixo o dominio de varios Señores. Eses Señores tiñan de-
reito a nomear xuíces e as xurisdicións onde estes podían exercer. Tiña a
xurisdición de Muros 31 Freguesías no Arciprestado de Intins, a xurisdición
de Xallas e o Arciprestado de Céltegos, con 25 Freguesías; estas dúas xuris-
dicións pertencían o Arcebispo de Santiago; a xurisdición da Serra, e 5 Fre-
guesías do Arciprestado de Intins, pertencían o Marqués da Serra.
42