Page 38 - Edición final para libro digital
P. 38
na parroquia de San Mamede, e o outro, o de San Xurxo, na ladeira do
Monte do Pindo.
En outro documento datado o 27 de xaneiro de 1.030, as infantas
Dona Sancha e Dona Teresa, fillas de Bermudo II, e Dona Elvira García, quen
fora amante do Rei e nai de Alfonso V, doan a Igrexa Compostelá a Vila de
Serantes, en terra de Carnota na desembocadura do Tambre, o cal reafirma
o comentado no parágrafo anterior.
A pesar de que o territorio comprendía naquel tempo os principais
Restos do Castelo de San Xurxo. (Fonte “Galiza” Páxina Web)
portos e lugares da costa entre Noia e Cee, o que na actualidade abarca o
Concello de Carnota estaba moi pouco poboado, tan so os castelos e unhas
cantas granxas dispersas aportaban algúns habitantes a rexión. As súas
fortalezas, que na idade media pertencían os Condes de Trastámara e de
Lemos, e que formaban parte do condado de Cornatum, foron destruídas
37