Page 40 - Edición final para libro digital
P. 40
O Concello de Carnota, pasou a formar parte da historia deste país
cando o 25 de febreiro de 1.966, os seus veciños, arriscando a súas vidas,
conseguiron poñer a salvo a tódolos integrantes da tripulación da fragata
Ariete, que encallou xunto a costa de Lira, preto da Capela Dos Remedios,
arrastrada por un temporal de ondas de mais de 12 metros; os veciños desa
parroquia, axudados por xente da Vila e do Concello limítrofe de Muros,
enfrontáronse o mal tempo e a escuridade para auxiliar os mariños vítimas
daquel naufraxio. Como consecuencia de esta actuación a Vila de Carnota
luce, desde entón, no seu escudo o título de “Muy Humanitaria”. ( Ver ca-
pitulo do Afundimento do ariete neste mesmo libro)
O Castelo de Peñafiel
Durante a primeira revolta Irmandiña ou Fusquenlla, foi destruído o
castelo de Peñafiel que, segundo tódalas evidencias, se atopaba no pico
Peñafiel, tamén no Monte Pindo, si ben actualmente so se encontran alí
algúns restos arqueolóxicos xa moi deteriorados, (chanzos nas pedras, mo-
rosas...) que nos indican da súa existencia. Pero a proba irrefutable de que
alí se alzou unha construción medieval é unha inscrición de ex comuñón
gravada ao pe do Peñafiel, ditada polo Arcebispo Xelmirez no século XII, na
cal se pode ler ”ese castelo de aí arriba...”, ao parecer dita ex comuñón foi
debida as malas feituras das que a Igrexa acusaba a poboación local. O que
resulta estraño e que, segundo parece, o castigo iña dirixido o castelo de
San Xurxo, (que era feudo de Rodrigo Pérez), o cal se atopaba ao outro lado
do monte Pindo, a unha distancia considerable. Faise constar en varios do-
cumentos aparecidos ate o século XV da existencia dunha fortificación nesa
zona. Foi en 1.384, cando a Mitra Compostelá comprou os dereitos de unha
serie de fortificacións pertencentes os descendentes de Rui Soga de Lobei-
39