Page 37 - Edición final para libro digital
P. 37

Foi posiblemente no 999,  e durante o Pontificado de San Pedro de
          Mezonzo, Bispo de Compostela, cando o Rei Bermudo II doou un servos no

          condado de Carnota a Igrexa de Santiago. Estes servos eran Trasmiro e seus
          catro fillos, Gonzalo, Vimaredo, Benedicto e Gudigeva. Esta doazón foi feita
          verbalmente polo Rei Bermudo II, morrendo este no Bierzo o 5 de setem-
          bro, Non sendo até o 5 de marzo de 1.011 cando seu fillo, Alfonso V, a le-
          vou a cabo formalmente.


                 Nunha designación  feita por Tructino, delegado do Rei Alfonso II no
          ano 830, xa se facía referencia a Carnota o dicir: “in Carnota ecclesia pinta-
          ni”, do que podemos deducir que xa daquela existía no Pindo unha Igrexa
          que, probablemente se atoparía no famoso monte.


                 Non se cita a Muros en esa época, século IX, pero si en cambio o
          distrito  de  Carnota,  no  que  se  inclúen  as  igrexas  do  territorio  de  Muros,
          Santa Tasia (en Outes), Esteiro, Serres e algunha outra mais das terras de de
          Outes. Isto fainos supoñer que, si ben Muros xa era coñecido como poboa-

          do, o igual que Outes, ámbolos dous quedaban incluídos daquela no distrito
          de Carnota.

                 O 30 de decembro de 1.028, Bermudo III, cedeu a Santiago as terras
          de Carnota xunto coa de Céltigos e os castelos de Canedo e San Xurxo, edi-

          ficados para defender o territorio, “Dónala D. Bermudo para sustento de
          los clérigos que sirven en la Iglesia apostólica, para socorro de los pobres y
          hospedaje de los peregrinos y extranjeros”.

                 Xunto co territorio de Carnota, que comprendía toda a parte costei-
          ra, desde o Tambre até o Xallas, doulle tamén, Don Bermudo III os Castelos

          antes citados, os cales se atopaban, un no que agora é o lugar de Canedo,


                                                                           36
   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42