Page 42 - Edición final para libro digital
P. 42
támara continúa aínda por mais de un ano, ate que Luís Soga se queixa ante
notario de que o conde estalle a facer a guerra. O castelo de Peñafiel per-
manece en pe ate, como xa dixemos anteriormente, a primeira revolta Ir-
mandiña ou Fusquenlla, durante a cal foi, supostamente, derrubado por un
exército de 300 homes chegados de Noia. Como proba están as testemuñas
dos múltiples interrogados durante o preito Tabera-Fonseca sobre a destru-
ción do castelo de Peñafiel. Gómez Goyanes, un dos veciños preguntados,
describiu o castelo como roqueiro e forte, cunha torre pequena de pouca
altura e una saleta no interior que había sido derrubada pola Fusquenlla,
chegou a asegurar que el mesmo había estado dentro. Outra das testemu-
ñas, Fernando Falcón, “o vello” lembraba terlle carrexado leña moitos anos
antes, e coincidía na súa testemuña con Gómez de Goyanes, incluso chegou
a taxar o custe da súa construción en 2.000 marabedís. Moitos outros veci-
ños deron fe dos acontecementos acaecidos e, polo tanto, da existencia
certa da fortaleza. Juan Goldrino, Fernando de Mini, “o Vello”, Juan Gordo,
Juan García de Castriz, Gómez de Parizo, e moitos mais interrogados no
caso, coinciden, tanto nas características do castelo, como nos feitos acon-
tecidos.
Segundo o historiador Carlos J. Galbán; Martiz de Barbeira e outros
tres dos merinos nomeados polas testemuñas no xuízo de Tabera-Fonseca,
habían sido, nalgún momento, membros da casa dos Fonseca. O castelo de
Peñafiel, a diferenza de outros tamén derrubados durante as revoltas Ir-
mandiñas, nunca foi reconstruído, polo cal discorreron centos de anos sen
que se volvese a mencionar o seu pasado, ate que como consecuencia das
investigacións levadas acabo ao fío de comentarios dos veciños sobre a
historia, que foi pasando de xeración en xeración mediante a tradición oral,
volveu a saír a luz este significativo anaco da historia de Galicia.
41