Page 45 - Edición final para libro digital
P. 45

durante varios anos cabeza de distrito, abarcando a súa xurisdición o terri-
          torio  que  anteriormente  correspondeu  a  Muros.  Unha  serie  de  reclama-

          cións feitas polos da Vila veciña e a intervención do Prior da Colexiata, apo-
          iado pola totalidade dos representantes e autoridades muradás, consegui-
          ron  finalmente  restablecer  a  capitalidade  territorial  a  Muros  en  1.834.  si
          ben se perdeu extensión territorial.


                 A primeira constancia que se ten documentada facendo referencia
          a Mazaricos, remóntase o século IX, no que figura a existencia, na parroquia
          de Arcos, do Castelo de Peñafiel, que segundo os documentos pertencía a
          Don Alfonso Suárez de Deza. Os nobres da idade media xunto coa Igrexa
          repartíanse  entre  eles  a  propiedade  das  terras,  que  logo  arrendaban  os

          labradores a cambio dun “diezmo” das súas colleitas. Coa chegada da pata-
          ca e o millo, esta comarca acadou unha gran importancia no seu cultivo, e
          paliou, en gran medida a fame que se estaba a pasar naquela época.

                 A fortaleza de Xallas, actualmente derrubada, encontrábase na pa-

          rroquia de San Pedro de Xallas, Esta fora mandada construír polo prelado
          compostelán, xunto a algunhas outras, para manter o orde e facer cumprir
          as leis nesas terras. O castelo de Xallas foi entregado o cabaleiro Ruy Sán-
          chez de  Moscoso o 14 de maio de 1.402 polo Arcebispo de Santiago Don

          Lope  de  Mendoza.  Este  castelo  tiña  unha  gran  importancia  debido  a  súa
          posición estratéxica i estaba situado dentro do condado de Trastámara.

                 O 11 de maio de 1.408, foi dado en tenencia a Luís Soga de Lobera,
          fillo  de  Ruy  Soga  e  fíxose  un  preito  homenaxe  co  cabaleiro  compostelán

          Bernal Eans do Campo, nas mesmas condicións que se fixera no 1.402 co
          pai de Luís. Esta tenencia foi ratificada o 10 de xuño de 1.408 na Igrexa de
          Arcos, moi preto do castelo de Peñafiel.

                                                                           44
   40   41   42   43   44   45   46   47   48   49   50