Page 124 - JUNIO 2024
P. 124

Polo menos sei que por agora podemos os dous observar a mesma lúa, as mesmas
                                                                                                              4
                  estrelas... e iso faime moita ilusión.


                  Amarche  cada  día  e  en  cada  momento  é  unha  tarefa  moi  fácil  e  non  está
                  limitada polo tempo.


                  O  amor  que  che  entrego  é  un  amor  que  se  dá  libre  como  o  vento,  non  ten
                  necesidade de permisos especiais, só se dá e sente como algo lindo e bendicido.


                  Confésoche que moitas veces me pregunto se as letras que che envío puidesen
                  resultar aburridas, porque parece que sempre son poucas e repetitivas.

                  Pero o amor, seica non é así?


                  Para min sempre é lindo e grato ler ou escoitar as palabras que saen dos nosos
                  beizos e corazóns.


                  "Ámoche", "estráñoche..."

                  Esas palabras xamais cansan, porque son nosas.


                  Este amor que temos soubémolo coidar a través do tempo, e non deixarei que se
                  vaia, non me cansarei de escribirche estas palabras...


                  Son as nosas cartas, os nosos sentimentos, e iso xamais podería cansar.

                  Ámoche o meu amor, a pesar da distancia que hai entre os dous, ti atópasche

                  aquí mesmo, xunto a min, entre todas as miñas cousas, nas miñas roupas, nos
                  meus libros, e en todo canto hai no meu cuarto. Sempre estou a pensar en ti...

                  É moi marabilloso amar así.


                  O meu amor, esta carta é para ti:

                  "Así pénsoche"


                  Ola amor:

                  Aquí atópome tan cheo de ti, empeñado en entregarche unhas letras que che

                  lembren que, a pesar da distancia, estás e segues estando comigo.

                  Desbórdame o amor que sinto, as ganas de terche preto, de sentir os teus beizos

                  doces, tan suaves como unha brisa de outono.
   119   120   121   122   123   124   125   126   127   128   129