Page 1249 - JUNIO 2024
P. 1249
O noso amor é diferente e aínda que as nosas letras parecesen 10
ser as mesmas non o son, porque cada mes que pasa
acurtamos máis as distancias e a nosa corda faise cada vez
máis curta.
Hoxe, este mes atópome sentado e riseiro porque se que teño
un gran amor, un marabilloso ser que camiña ao meu lado e
que coida e ilumina os meus pasos.
Desde xa antes de coñecernos sempre soñamos o un co outro,
ti e eu, e dicímolo sempre…
Atopámonos no mellor momento, non tiña que ser onte nin
mañá, senón no preciso momento que a lúa se cruzase co sol,
así nos atopamos os dous.
Xusto cando parecía que todo era escuro nas nosas vidas,
chegou a luz coa túa presenza, amor da miña vida- Es o que
sempre soñei.
— Quero amarche sempre —
Unha vez que a luz do día se ha ir, eu poderei seguir estando
contigo, pois habitarei no teu corpo coma se aquí estiveses, e
ti no meu…
Así pasan as horas e eu sigo amándoche aquí no meu cuarto
que sempre respira o teu amor, o teu nome; aquí podo escribir
estas cartas que che chegan e fanme saber que estás contento,
que sorrís ao ver as miñas letras, que che chegan como
promesas cada mes… porque así ámoche eu.
— Por agora é unha carta, o meu amor... pero iso cambiará —
A miña vida enteira xa é túa, só para ti, amor meu.