Page 134 - JUNIO 2024
P. 134
Hai un amor igual?
14
Claro que si, porque cada persoa debe ter un amor, sempre o dicimos, falamos
da sorte que tivemos ao atoparnos neste misterioso mundo onde era moi difícil
coincidir... pero xa ves, aquí estamos os dous, cun amor especial, facendo versos
e cartas de amor que nos encherán a vida ata cando xa a mocidade se nos vaia
das mans e nosas frontes reflictan o cansazo dos anos.
Este amor é especial, con este amor que sentimos poderemos vivir eternamente
namorados, como esas inspiradoras historias de amor e os seus finais felices.
A diferenza deste amor con outros é que este amor é real, é fermoso, está cheo de
alegrías e soños.
Si o meu amor, hoxe a lúa está preciosa e convídame a escribir estas liñas para
ti.
Xa sabes que ao facelo o meu corazón alíviase permitíndome seguir adiante
contigo a pesar destas distancias que tanto desbasten.
E é que, no fondo, o único que me fai forte é reafirmar o noso amor cada día.
Xa sabes que estás no meu cuarto, nos meus libros, todo está cheo do teu nome e
sígoo tapizando en cada recuncho para cando me falten as forzas lea e saiba
canto nos amamos e volver empezar de novo cada día.
Mira amor meu, pódeseme esquecer moitas cousas, pero nunca me esquezo de
escribirche cartas amorosas para que enchan os teus días de soidade cando non
estou contigo...
Pódeseme esquecer todo... menos amarche así, ou escribir unha amorosa carta
para ti.
Ámoche tanto…
Ámoche vida miña, grazas, moitas grazas por permitirme o amarche día a día,
noite a noite.
Adóroche vida miña…
Ámoche vida miña, grazas, moitas grazas por permitirme o amarche día a día,
noite a noite.
Adóroche vida miña?