Page 1461 - JUNIO 2024
P. 1461
Ano: Quedará no meu diario, que comecei pensando en ti. 11
Amor:
Aquí estou, desexando verche e abrazarche, deter o tempo fóra
e contemplarche, pero sei que agora, hoxe, é unha
imposibilidade, separan as nosas mans os días que faltan ata
ese momento que por sempre levaremos na alma: O noso
encontro.
Debo refuxiarme nas palabras e escríboche...
Non quero verme así o sabes, esfollando estas horas que
converten o meu tempo en séculos de saudade, e non o nego
amor, os meus bicos desexan a dozura dos teus bicos, a
tenrura dos teus beizos cando chega o momento e voamos
xuntos polo ceo inmenso do soñado e o querido; espertando
cada frase durmida que diría canto significa estar así, coma se
o enteiro universo comprendese que hai moito máis nesta vida
que a cotiá rutina de traballar e loitar por aquilo que nos
permite vivir outro minuto máis neste mundo.
Non importa a distancia, calarei o meu silencio, enchereino co
teu nome e os versos que escribín e escribirei porque ámoche.
Abrirei as persianas e ata a lúa mesma decatarase que desde o
instante aquel que che escoitei, cando vin o teu rostro
marabilloso vestido de sorriso e esperanza; desde ese día
selaches o teu nome neste corazón que che soña... si soubeses
que me pide que deixe atrás todo e tome canto antes o camiño
que máis pronto poida levarme a ti.
Amor, por moi afastado que pareza o momento chegará, todo
será entón, así como quixemos, despois de todo será, e