Page 249 - JUNIO 2024
P. 249
Amarche é mirarche, é sentirche, é escribir no ceo con miles de 5
estrelas, é encher de ti cada recuncho delas, ata fundir a paixón
dos nosos corazóns nun só, construíndo ceos de esperanza.
Amarche, é sentir os misterios do amor, é a calor que sente sen
razón por outro corazón, son os bicos namorados e as caricias
anheladas.
Amarche é descubrir a maxia, é compartir a miña alma coa túa
vida, é defender os meus soños cos teus abrazos, é quedarme
coa túa voz e o teu sorriso, é construír carreiros de tenrura, é
navegar os teus mares de dozura e entre suspiros volver á vida,
é estar perdido no firmamento onde as miñas mans búscanche,
onde a miña pel respírache, onde a miña voz acaríñache, onde o
meu corazón ámache.
(Ti fasme amarche cada día máis)
Sempre teu… sempre miña… sempre noso.
Desde o meu recuncho para ti.
Amor da miña vida
Debuxareiche a lúa en soños e verás como as estrelas entoan o
teu nome nunha doce melodía….
Os planetas aliñados en busca do noso amor, celebran con alegría
a nosa unión….
E o sol, o rei estrela do universo, daranos a súa intensa luz cada
amencer para que nos atopemos no sumun da paixón.