Page 251 - JUNIO 2024
P. 251

Grazas  a  miña  VIDA  por  abrazarme,  por  consentirme  e  por                            7

                  facerme sentir como a persoa máis especial do mundo.


                  Grazas a miña VIDA polos bicos, por todos os bicos que me dás.


                  Grazas a miña VIDA por escoitarme.


                  Grazas a miña VIDA por tomarme da man e levarme a lugares

                  insospeitados


                  Grazas a miña VIDA por acompañarme en cada aventura, cada

                  viaxe, cada momento


                  Grazas a miña VIDA por compartir a túa vida comigo.


                  ÁMOCHE MAIS QUE Á miña VIDA.


                  Onte á noite escribíache....


                  O  meu  amor,  hoxe  escríboche  despois  dunha  longa  noite  sen

                  durmir, só pensándoche na túa ausencia, gritando o teu nome en

                  silencio, chorándoche sen derramar bágoas, sediento de ti... A


                  suor, o sabor, a calor, o tacto, os cabelos, a saliva, a música, o
                  aire…, todo resoa a ti.


                  Cando  dormes ao  meu lado  estremézome ao  tocar  a  túa  pel,


                  sentir as túas caricias e envolverme nas túas coxas converteuse

                  para min nun hábito, nunha terrible necesidade.


                  Pero cando non estás, chega sempre o desconsuelo, coma se o

                  terrible destino quixese burlarse, grítame que non estás, que non

                  che teño aquí. Ao amencer, engúrralas da cama lémbranme a túa

                  ausencia  e  parecéseme  que  nunca  virás.  Seica  este  sufrir  é  o

                  prezo para vivir eternamente nos teus beizos, para espertar cada

                  mañá xunto a ti?
   246   247   248   249   250   251   252   253   254   255   256