Page 358 - JUNIO 2024
P. 358
As miñas letras 3
Incontables son as nosas cartas, verdade?
Non importa se son centos, só así faremos historia co noso amor, e daranos forzas
para seguir neste inquieto e difícil pero non imposible camiño.
Moito tempo xa estou na túa vida, así como ti estás na miña. Seguen
germinando letras para ti, cartas que van cheas de moitas emocións, sensacións
e tamén melancolías, máis sigo empeñada neste amor, sigo perseguindo soños
que un día espero alcanzar.
Non se cansa a miña pluma nin moito menos as miñas ganas de escribirche...
por agora só son papeis que voan pola rede para chegar ata ti corazón, onde sei
que me esperas, onde se que podo deitarme e durmir tranquila, pois ti coidas os
meus soños.
A nosa distancia é grande, pero máis grande é este amor que a ti profeso. Nada
embaza este agarimo, nin os calendarios, nin os astros, nin as estacións que
pasan, porque moito máis fermoso é todo o que ti e eu temos, e esas espiñas que
chaman "distancias" deixan de selo cando me achego a ti.
O meu amor, xa sabes que a min só me basta pechar os ollos para estar preto,
ata che podo respirar, pódoche sentir con só pensarche.
O meu amor... o meu soñado amor, sei que moitas veces a tristeza che cobre o
rostro, máis pídoche que non o fagas porque nada cambia en min, ámoche máis
que nunca.
Xa son moitas as miñas letras e non o conto, porque empapelaría toda unha
biblioteca coas miñas cartas, fieis testemuñas deste sentimento que a ti che
reservo, porque só son para ti: cartas cargadas de sentimentos sinceros e de
esperanza...
Canta falta fasme, amor meu!
Ás veces tamén sinto que todo o meu mundo cae, pero cando as túas cartas
crúzanse coas miñas se que todo valeu a pena, que todo o que soñamos farase
realidade.