Page 401 - JUNIO 2024
P. 401

Carta de amor:                                                                              10

                  Moi xuntos na distancia.


                  Carta para ti, o meu amor, que aínda estando lonxe sinto preto.

                  Ola o meu amor:

                  É un novo mes, unha nova estación e non chove como outras veces.


                  E aínda que chovese, sería unha alegre choiva, quizais un pouco fría pero
                  non sería triste, mollaría as últimas follas do outono, esta vez non chove e
                  só vexo a luz da lúa sobre as follas caídas.


                  Énchome  de  esperanzas  de  que  chegue  pronto  o  novo  día  para  estar
                  contigo, escribirche o que esperas de min.

                  -As nosas cartas de amor.


                  Estes  días  resúltanme  máis  curtos,  pero  fánseme  máis  grandes  as
                  esperanzas e certezas de que pronto chegará o día en que esteamos xuntos.

                  As nosas cartas de amor espertan xunto a min cada mañá, as escritas e as

                  que están por escribirse, porque un amor así sempre inspira a escribir, un
                  amor como o teu é único, é como un tesouro.

                  Un amor como o teu matiza os días fríos, fainos menos grises. Un amor

                  como o teu matiza os días difíciles, só un amor como o teu tranquiliza
                  cando todo parece estar en contra.

                  É un novo mes e non chove, quizais porque nin o outono nin o inverno

                  tiveron sede, fai frío, pero non hai tristeza, hai pouco sol, pero ilumina
                  distinto. Hai longas noites para soñar connosco…

                  Está por terminar unha longa espera e non quero desviarme dos camiños

                  que me levan a ti, que Divos non nos permita desviarnos dese camiño que
                  nos leva á esperanza de que as nosas mans se toquen.

                  Xa parece chegar os días en que estaremos moi xuntos e en que a distancia

                  só sexa un recordo, un tempo difícil que tivemos que vivir.

                  Xa parece estar preto o día en que esteamos xuntos e a distancia só sexa

                  un recordo, un tempo difícil que tivemos que vivir.
   396   397   398   399   400   401   402   403   404   405   406