Page 55 - JULIO
P. 55
A MULLER QUE CIELO 3
A muller que cielo é un pedazo de ceo nas miñas mans,
é un raio quente de sol que abriga a miña alma
durmida... A muller que cielo é un minuto de paz no
medio da máis sanguenta guerra, é a choiva mollando
o chan reseco dun campo cultivado...
A muller que cielo é capaz de secar ata a última das
miñas bágoas co seu sorriso, e á vez é capaz de
provocarme o maior dos prantos só con dicirme que me
ciela no momento que máis o necesito...
A muller que cielo é o ser que comprende máis aló da
mirada, máis aló do físico e o elemental... ela sabe
debuxar esperanzas, mañás fascinantes, viaxes
estelares e encontros sublimes con só pechar os seus
ollos e deixarse levar... e levarme con ela...
Ela provoca que a miña alma se eleve polos ceos e
atope a súa nunha nube esperando por min, coa súa
fermosura e as súas mans abertas para recibir as
miñas...
Ela coñece os meus temores, os meus desexos, os meus
medos... ela sabe cando sinto pena, dor, angustia e
cando estou feliz...
A muller que cielo sacoume do letargo, mostroume que
na Terra hai anxos sen ás que camiñan ao noso lado,
que velan por nós dunha maneira especial... que,
aínda que non podamos distinguilos ou velos, eles
están sempre coidando de nós...Ela é ese ser tan
especial que puxo Deus no meu camiño...
O meu soño es ti
O meu amor… estás aí?
Amor meu, a miña vida, estas palabras que che escribo
repítochas moitas veces, pero sempre as sinto coma
se fose a primeira vez, pois cada mes que pasa o meu
amor renóvase facéndose máis grande.