Page 140 - trilce
P. 140
LXXIV
SIEN EN
[Chus Pato (Vigo)]
O que promete nosotros enflechamos/la cara apenas à a ruptura da tempa
matámonos mátote mátome
é a perda do sentido
o índice xira na tempa o revólver
////
enflechamos o rostro à rompemos a crisma
onde a frecha nunca acerta o albo
enflechamos a crisma à prometemos a dirección cara á ruptura das tempas
ti, que es o amigo de Valllejo
e Vallejo é un meniño
enflecháis para vivir no pozo
para que vos engulan as areas
para non facer pé
para vivir nun campo de minas
para que vos reclusos / nos irán a encerrar así a expansión é infinita
porque non é posible e se resiste entramos de capitón
o coleguiña de Vallejo e Vallejo que se enflechan
adiantando a cara apenas arremetendo coma as bestas
que falan e escriben sen dereito
VOLVER AL ÍNDICE