Page 4 - MF1869 COMPLETO_Neat
P. 4
Orientacións sobre o módulo e a súa avaliación
Cada unidade de aprendizaxe desenvólvese en unha ou varias sesións de acordo ca “Táboa
de sesións”. Cada sesión ten unha duración de dúas horas e iniciase cunha introdución do
contido por parte do docente mediante o método expositivo, que proporciona ao alumnado
os coñecementos básicos sobre os temas tratados. Posteriormente, a través da realización
de traballos en pequenos grupos, facilítase ao alumnado a adquisición das destrezas
necesarias para a aplicación na práctica profesional dos devanditos coñecementos. Como
medio para comprobar o grao de consecución dos obxectivos propostos, utilizarase a
exposición en gran grupo dos exercicios realizados, indicando as correccións pertinentes e
procederase á aclaración das posibles dúbidas expostas ao formador.
TEMPO 30” 60” 30”
Introdución aos contidos Traballo en pequeno ou Dinámica de reforzo de
ACTIVIDADE mediante exposición do gran grupo e exposición contidos, de grupo ou
docente dos resultados actividade práctica
No módulo desenvolverase dous accións prácticas que complementan o contido teórico:
• Visita a institución pública do sector de actividades de tempo libre infantil e xuvenil
• Visita a entidade social ou empresa do sector de actividades de tempo libre infantil e
xuvenil
En cada unidade de aprendizaxe realizarase unha avaliación continua, co fin de detectar
o ritmo de aprendizaxe de cada alumno/a, así como as dificultades de adquisición de
coñecementos e destrezas. Á vista disto, o docente deberá reforzar ou reorientar as
estratexias utilizadas.
A avaliación do módulo efectuarase aplicando o establecido na “Táboa de avaliación.
Métodos e instrumentos”. Se o alumno obtén avaliación positiva, consideraráselle apto no
devandito módulo (capacidades adquiridas). En caso contrario, consideraráselle non apto
(capacidades non adquiridas).
4